jueves, 23 de julio de 2020

O prezo abusivo dos dominios galegos .GAL

O precio abusivo dos dominios .GAL.

Historia

Un pouco de historia: Nas albores de internet os dominios eran gratuitos, un sistema de nomes que se inventou para solventar o problema de recordar eses números tan longos chamados i pes (IP). As IPs son a dirección numérica asociada a cada conexión de Internet, os servicios da nube son equipos informáticos conectados a internet 24 horas aos que podemos acceder remotamente a través da IP.  Pero como xa dixemos, esos números da IP son longos e por eso xurdíu o sistema DNS. Este sistema é sinxelo de explicar, pasemos a un exemplo:

Funcionamento do DNS.


O sistema DNS, transformar IPs en dominios.com

Esta IP, poñamos 193.143.32.200, é a IP do servidor web da Universidade de Vigo, como non é doado recordar a serie de números, escribindo https://uvigo.es na barra de direccións do noso navegador, a dirección pasa por un proceso de peticións automático no que acaba por resolverse na IP anterior. Este proceso é o que se chama o protocolo DNS (Domain Name System). No protocolo DNS existen dous actores implicados, o primeiro e o servidor de nomes que nos teñamos escollido (normalmente o proveedor de internet asigna un automáticamente)  e o segundo o servidor de nomes raiz (ROOT SERVER) que se encarga de dar soporte aos servidores de nomes.

Os servidores raiz

Se o noso servidor de nomes non atopa a dirección que buscamos no seu directorio, rápidamente pregunta ao servidor raiz quen pode conocer esa dirección i éste a sua vez responde co rexistrador acreditado ou servidor de nomes do dominio que buscamos, no caso da uvigo.es respondería co servidor de esNIC ou servidor de nomes dos dominios puntoes.

O sistema é sinxelo e basase nos principios do non goberno (anarquía) de internet, a pesares de que existe un organismo estadounidense "sen ánimo de lucro" que xestiona o servizo.

O sistema é tan simple que calquera podía participar da xestión do rexistro de nomes e nos inicios, con toda a lóxica, o rexistro era gratis ou prácticamente gratis. Despois dun tempo a mediados dos 90, sumado á burbulla das puntocom o servizo de nomes xestionado pola fundación IANA, un tanto anárquico naquela época, decidiu implantar un sistema de cobro por o servizo de rexistro para rematar coas discrepancias no sistema e facerse co control total do rexistro. Estas discrepanzas no sistema e funcionamento anárquico nos servizos de nomes dá para falar noutro artigo xa que todavía perviven iniciativas como OpenNIC e similares. Iremos ó que nos interesa, os dominios .GAL.

A oficialidade do servizo. o IANA e a ICANN.

Fai uns anos o servizo "oficial" fixo unha promoción que xa ven de lonxe. Nos inicios da internet, moitos nomes de dominio de primeiro nivel diferentes (.com, .org, .net, etc) non parecían a solución ás discrepancias co IANA pero na medida que internet creceu imparable a partir do 2003 (en solo uns anos as IPs como as conocemos agotáronse. Si, si, matemáticamente as matrículas IP se agotaron)  fixo pensar ao IANA que debían permitir a creación de máis dominios de primeiro nivel para adaptarse ao crecemento da rede. Sospeito que tamén houbo outros motivos como que non existen disponibles dominios puntocom con combinacións de 4 letras ou numeros. Ao final, despois de moitas reunións acordaron que abrirían un plazo para presentar propostas e aprobalas, e aquí entra o dominio puntogal.

Os dominios .GAL


Asociación sen ánimo de lucro

No caso dos dominios .GAL, o xestor é unha sociedade "sen ánimo de lucro" formada en Santiago de Compostela coa idea de obter do IANA un novo nome de dominio de primeiro nivel rematado nas tres primeiras letras do nome da nosa comunidade autónoma Galicia.  A asociación dominios.gal según recollen varios medios de comunicación recibíu antes, durante e despois financiación pública para optar ao concurso da IANA e manter e poñer en marcha o servizo. Os estatutos da asociación recollen que os socios se comprometen a patrocinar o uso da lingua galega ademáis de patrocinar o uso do dominio puntogal. A asociación ten unha páxina web sita no dominio https://asociacion.dominio.gal.

Facendo un nslookup (nslookup forma parte do protocolo DNS) ao servidor dos dominio.gal podemos atopar que o servizo de nomes galego está subcontratado en alemaña a pesares de que en Galicia temos financiado con diñeiro público o centro de supercomputación e outros centros de datos con potencia y conectividade máis que suficiente para o servizo de nomes.

O CESGA. Centro de Supercomputación de Galicia.

O CESGA e un centro de financiación pública destinado a "competir" no sector tecnolóxico, financiado con varios millóns de euros o CESGA dice de si mesmo que é un referente nacional na supercomputación. O CESGA posúe un centro de datos propio no que albergan deceas de servidores para subarrendar a grandes proxectos que requiren moito cálculo matemático. O CESGA tamén proveeu de liña oscura de fibra óptica aos grandes campus universitarios galegos ademáis de proveer tamén de fibra aos hospitais públicos e outros centros de investigación. A parte disto, o CESGA alberga outras aplicacións de software do tipo "Aula CESGA".

Tanto a asociación dominios.gal  comoo CESGA foron financiados por fondos públicos da Xunta de Galicia nembargantes o dominio.gal subcontrata o servizo de DNS na empresa alemana IronDNS. Desconozco o precio de IronDNS para xestionar o servizo o que si conozco e que o CESGA recibe moreas de cuartos públicos e podería ter aloxado o servidor de DNS de dominio.gal igual que aloxa servizos do tipo a Aula CESGA ou similares que consumen moitos máis recursos que un servizo de nomes DNS.

O prezo abusivo dos dominios puntogal

Entrados xa en materia, os dominios puntogal están nun prezo medio de 50 euros (dependo do proveedor). Este prezo contrasta moito co prezo dos dominios similares como o puntocat (Catalunya) e puntoeus (Euskadi) que saíron ao mercado en menos de 10 euros ó ano.

A pesares de que puntogal non recibíu moitas críticas por o prezo abusivo do dominio, nalgún momento, na rede social twitter, alguén comentou que o prezo era caro en comparación a outros dominios. Ante esto, @punto_gal (perfil no twitter) respondeu que o prezo era conveniente para manter o servizo no tempo.

A asociación, facendo gala dun cinismo terrible indicou que o prezo dos puntocat e os puntoeus eran máis baratos porque teñen unha sociedade máis implantada en internet dende fai máis anos. Por outra banda os puntoscot (Escocia) e algún outro dominio máis obteu moitísimos máis rexistros no primeiro ano que os puntogal (sería polo prezo abusivo?) indicando no seu cinismo que a pesares de que a lingua galega ten máis falantes non lograron acadar os mesmos resultados. Tamén indicou que os puntocom son un servizo internacional moi utilizado por eso podían ter prezos tan baixos de 10 euros ó ano.

Para os conocedores dos protocolos DNS e o funcionamento do sistema de rexistro de nomes, todas estas excusas nos parecen chistes.

Agora fagamos números: A asociación puntogal dice ter rexistrados máis de 5000 dominios no ano ata o ano 2019. A 50 euros de media por dominio obtemos unha cifra escandalosa (250.000 euros) que non se corresponde para nada co prezo de xestionar o servizo, é polo tanto unha casualidade que da que pensar que a asociación puntogal cumplíu de sobra no primeiro ano (1000 e pico rexistros) o presuposto necesario para manter o servizo.



O sitio web dominio.gal mostra o número de dominios rexistrados


O precio dos dominios nalgún dos rexistradores aprobados por dominio.gal




http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/26929-gal-popular-novos-dominios-lingisticos

No hay comentarios:

Publicar un comentario