No mo
Por todos é coñecido a nova norma municipal que restrinxe as terrazas dos locáis de hostelería a un horario máis acorde co descanso dos veciños. Pero non é este o gran problema das terrazas i é que en Ourense hai rúas que teñen normas de "Very Important Person".
Vemos nesta fotografía que hai suficiente pasó para os viandantes e algún vehículo público como a policía local ou as ambulancias. Pero que pasaría na rúa anterior a esta? Alguén pasou a hora punta dun fin de semana ou festivo por esta famosa rúa? A veces é casi imposible atravesala i aquí surxe a miña duda, si a rúa é de todos porque só algúns poden disfrutar dese pedazo?
Penso que o principal problema das terrazas no casco histórico reside aquí i éstos para excusarse na maioría dos casos dirán que a culpa e dos pubs que fan moito ruído e están ata moi tarde. Eu vou a crer que todos teñen parte de culpa pero se poñemos unha balanza creo que causa tantos problemas ou máis o libertinaxe na ocupación das rúas públicas que fan os locáis de hostelería.
¿En qué se basa o concello para permitir un mobiliario ou non? ¿Cal é o límite? Queredes vender a cidade de Ourense como 'historic city' pero despois temos mobiliario privado de hosteleria con modernos leds a escasos metros da catedral. Dende logo eu tamén quero disfrutar de algúns espazos públicos sin verme coaccionado a pagar por unha consumición ou por 'invadir' o espacio do mobiliario privado de hosteleiros.
Falaremos tamén do grave erro de colocar as televisións hacia á rúa. Invadindo impunemente o espacio público con contidos non desexados e na maioría dos casos comerciáis. Esto é un bo exemplo de ruído e mala xestión do Concello de Ourense que si o sumamos ás terrazas parece que temos un potente lobby de presión na cidade que se libra de todas.
Actualmente o concello de Ourense xa tramita bloquear as terrazas mais alá das doce da noite,